MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
A Concha da Solidaridade loce na Casa da Xuventude
Martes 8 de novembro do 2005
A elaboración da Colcha da Solidaridade forma parte da campaña 24 Horas de Solidariedade Feminista no Mundo. A Marcha Mundial das Mulleres en Bergantiños entregou ó al alcalde de Carballo a Carta Mundial das Mulleres para a Humanidad, un texto en favor da igualdade de oportunidades en todo o mundo. O escrito fai referencia a valores como a Igualdade, Liberdade, Solidariedade, Xustiza e a Paz. Evencio Ferrero valorou positivamente a iniciativa e manifestou que "o Concello camiña na mesma dirección, con exemplos como a Declaración Institucional ou ás Xornadas Específicas que se celebran na localidade coincidindo coa data do 25 de novembro, e nas que xa está confirmada, para este ano, a presenza da Delegada Provincial de Igualdade e Benestar".