XORNADAS DO PROXECTO SINGRA
Carballo analiza a relación entre empresas e entidades non lucrativas
Martes 8 de novembro do 2005
Os directores das obras sociais de Caixa Galicia, Caixanova, Cajamadrid e Fundación La Caixa debatirán sobre a Acción Social dende as Caixas de Aforros, nunha das mesas redondas previstas para as xornadas. As restantes analizarán as políticas e estratexias de apoio aos emprendedores e o traballo das empresas de inserción.
As xornadas abriranse o día 10 de novembro, coforme ao seguinte programa:
- 15:30 Recepción de participantes e entrega de documentación .
- 16:00 Presentación das Xornadas: Concello de Carballo. Cruz Vermella .
- 16:30 Conferencia Inaugural: O terceiro sector ante os novos retos sociais .
- 17:30 Conferencia: Responsabilidade e compromiso social da empresa. A relación empresa e terceiro sector. A cargo do Departamento de Responsabilidade Social Corporativa. Confederación de Empresarios da Coruña .
- 18:30 Conferencia: Proxectos financiados dende a empresa: Experiencia da fundación Carrefour. A cargo de D. Guillermo de Rueda, Director Xeral Fundación Solidaridad Carrefour
O día 11 de novembro terá lugar a segunda xornada, conforme ao seguinte programa:
- 10:00 Mesa Redonda: As experiencias de financiación de proxectos desde a empresa. Fundación Eroski, Transportes Metropolitanos de Barcelona e Fundación Vodafone
- 11:30 Pausa café
- 12:00 Mesa Redonda: Acción social dende as caixas de aforros. CAIXA GALICIA: D. Manuel Aguilar López. Director da Obra Social de Caixa Galicia. CAIXANOVA: D. Guillermo Brea. Director da Obra Social de Caixanova. CAJAMADRID: D. Carlos María Martínez Martínez. Director Xerente da Obra Social de Cajamadrid. LA CAIXA
- 14:00 Fin da mañán
- 16:00 Mesa Redonda: Empresas de Inserción. Unha estratexia de inclusión dende a empresa. FUNDACIÓN EMAUS. D. Javier Padrini. Presidente da Fundación Emaus. FUNDACIÓN LESMES. D. Miguel Santos. Presidente da Fundación Lesmes. PROGRAMA ACCEDER. Fundación Secretariado General Gitano.
- 17:30 Conferencia: Unha experiencia dende o sector público: Valnalón. A cargo de D. José Antonio Vega Serrano, director do Departamento de Formación Emprendedora de Valnalón. Cidade Tecnolóxica. Principado de Asturias .
- 18:30 Conferencia: Rede de empresas solidarias Fernán Núñez: Unha experiencia de participación e solidaridade. APAPNIDICSUR. D. Alfonso Ariza Ruiz, presidente APAPNIDICSUR. Fernán Núñez (Córdoba)
- 19:30 Mesa Redonda: Políticas e estratexias de apoio aos emprendedores. Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE. Cámara de Comercio de A Coruña. D. José Manuel García Guillén. Antena local de Carballo. Confederación de Empresarios de A Coruña. D. ernesto Rubio Figueroa. Axente de emprego e Asesor de Empresa Familiar.
- 20:00 Fin das Xornadas
Para inscribirse nas xornadas, pódese consultar e imprimir o folleto na seguinte dirección ou solicitar información no correo electrónico jornadas@cruzvermella.org, ou no teléfono 981 216 036.