MEDIO AMBIENTE
O alcalde participa nunha xornada sobre a xestión do lixo
Luns 18 de xullo do 2005
Os representantes do Concello neste encontro sinalaron a necesidade de aplicar este sistema de tratamento integral en Carballo en base a tres aspectos básicos: a redución, a reutilización e a reciclaxe. Indicaron tamén que o máis importante no desenvolvemento deste tipo de plans de tratamento de lixo é a continuidade dos mesmos.
A xornada que organiza a comisión de Deporte, Xuventude e Medio Ambiente da Deputación da Coruña está destinada aos técnicos municipais de concellos rurais da provincia para lles dar información sobre o marco lexislativo actual sobre o tratamento de residuos domésticos. O encontro celebrouse no Pazo de Mariñán, en Bergondo.
A sesión estivo dividida en tres grandes bloques temáticos. O primeiro deles consistiu nunha exposición sobre o contexto do tema a tratar: falouse da estrutura social de Galicia, expuxéronse os antecedentes e mais o estado actual no que se atopa a xestión do lixo, e rematouse cunha serie de definicións básicas sobre os residuos urbáns.
A segunda parte centrouse en definir os obxectivos e as necesidades no que respecta á xestión do lixo, fíxose unha breve descrición das alternativas nesta xestión e plantexáronse unha serie de solucións posibles para os concellos do rural de Galicia. No último bloque os temas a tratar foron os instrumentos dos que dispoñen as administracións locais e as estratexias de xestión sustentable.