Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello participará na Campaña...

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

O Concello participará na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

Martes 8 de novembro do 2005

O Concello deberá remitir á Deputación a instancia pertienente para acollerse á campaña antes do vindeiro 15 de novembro. Unha vez coñecida a relación de concellos inscritos, a deputación realizará o reparto definitivo de prazas e quendas de asistencia, correspondéndolle a cada concello a selección dos rapaces, mediante sorteo público ante o secretario do concello. Os interesados en participar da campaña deberán esperar ata coñecer ó reparto definitivo de prazas do concello de Carballo para realizar a súa solicitude. Os participantes na Campaña de Esquí, dunha semana de dutración cada quenda, terán aloxamento e manutención en Jaca e esquí na estación invernal de Candanchú (Huesca). A Deputación da Coruña responsabilizarase da maior parte dos gastos ocasionados polos cursos, como o trasnporte de todos os participantes dende os puntos de recollida, estancia en hotel de 3 estrelas, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento do material, actividades deportivas e culturais, etc. Cada participante inscrito aboará unha cota de participación de 85 euros, que poderá ser asumida parcial ou totalmente polo concello participante.

Compartir: