Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno aproba un convenio coa...

INCENDIOS FORESTAIS

A Xunta de Goberno aproba un convenio coa Deputación en materia contra incendios

Mércores 2 de novembro do 2005

A Deputación da Coruña, mantendo a súa tradición de colaboración na loita contra os incendios forestais, participará mediante o aboamento dunha subvención, por un importe que ascende a 3.010 euros por cuadrilla. O Concello de Carballo ten creada unha Cuadrilla de Extinción, segundo o convenio asinado coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, que actuará durante dous meses e medio na loita contra incendios forestais.

Compartir: