CONVENIO
A Deputación anuncia o próximo remate do estudio de infraestructuras eléctricas e gasistas
Venres 28 de outubro do 2005
O estudio concreta a necesidade de realizar unha previsión da demanda e a súa evolución en materia de electricidade e gas natural, ademais de recabar os principais parámetros da oferta disponible na zona. Tamén acorda recabar previsións das diferentes administracións con responsabilidades na zona e informacións de distintas entidades que podan axudar a definir os seus perfís da cara a planificación enerxética. O Presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, adiantou en Carballo que "as primeiras hipótesis son preocupantes, xa que poderíamos estar a falar dunha perda de quince mil habitantes nos próximos dez anos". O estudio podería estar rematado a mediados do vindeiro mes de novembro.