Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Festival Internacional Outono de Teatro entra...

LECER

O Festival Internacional Outono de Teatro entra na recta final

Venres 28 de outubro do 2005

Tal e como determinou o xurado nas fases previas, celebradas na cervexería Dublín, os finalistas serán Aitor Rey, cos seus Pisos de Estudantes, Essam Nnechacchi, con Tío Sam Productions, Silvia Muñiz, con Cheira a Nadal, Iago López, con Quero ter un neno, Mercedes Alonso, con Xabier, e Susana García con A celulite, esa grande amiga.

Representacións

Ademáis da final do V Certame de Dramatización de Monólogos Cómicos, o teatro volve ó Pazo da Cultura o sábado, domingo e martes. O sábado, 29 de outubro, será o turno da compañía catalana En blanc e a súa obra Mírame. Trátase dunha divertida e provicativa historia de dúas parellas -unha moi liberal e outra conservadora- en busca de amor e sexo. Mirar e ser visto será o punto de partida dun xogo que traspasa a fronteira da pura morbosidade, para darlles voz a unhas personaxes que cuestionarán os roles máis establecidos da parella.

O domingo 30 de outubro serán os galegos de A Factoría Teatro os encargados de respresentar Tío Vania. Trátase dunha visión da sociedade rural da estepa rusa no século XIX, da que Antón Chejòv se vale para presentar a uns seres que teñen pánico a vivir e que só deciden facer algo cando a alguén se lle ocorre tentar cambiar algo da rutina, da vida á que están condenados.

E o martes 1 de novembro, Rafael Álvarez El Brujo pechará o festival coa obra de Dario Fo San Francisco "Juglar de Dios", unha representación teatral sobre a figura de San Francisco de Asís, un monxe rebelde contra a suntuosa imaxe de Roma e cos dogmas dun poder defensor, moitas veces, de ilexítimos intereses. Rafael Álvarez El Brujo é un clásico do panorama teatral. Actor, productor e director, convertiuse nun referente pola súa capacidade de interpretación e, sobre todo, polas súa dotes de gran comunicador.

Compartir: