Inicio Carballo ao día Hemeroteca Saúde Pública confirma o bo estado...

SANIDADE

Saúde Pública confirma o bo estado das zonas de baño do litoral carballés

Xoves 27 de outubro do 2005

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, executa o programa de control sanitario das augas de baño da comunidade, co obxectivo principal de protexer-la saúde da poboación fronte os riscos do seu uso recreativo. Estes abarcan tanto as condicións hixiénicas do lugar, como a calidade da auga.

O Concello ten de prazo ata o 15 de abril para realizar a solicitude correspondente para que a zona de baño entre a formar parte do programa de control da Consellaría de Sanidade na vindeira tempada de baño 2006.

Compartir: