Inicio Carballo ao día Hemeroteca Medio Rural aplica a prohibición de...

GRIPE AVIARIA

Medio Rural aplica a prohibición de concentrar aves en feiras e mercados

Xoves 27 de outubro do 2005

A prohibición de concentrar aves en feiras e mercados será efectiva ata o vindeiro un de decembro. A Xunta, ademais, estudará a declaración dalgúns humidais galegos como zonas de especual risco fronte a influenza aviaria. En Galiza estanse a realizar as 47 mostraxes que se esixen dentro do Plan de vixianza estatal para as aves de curral, cunha efectividade do 100% nas provincias de Ourense e Lugo, aínda que a Consellaría de Medio Rural ten previsto incrementar os controis progresivametne. Tanto Francisco Chivite como Antonio Oca matizaron que "nestes intres non existe ningunha circunstancia que faga temer a aparición dun caso desta patoloxía animal en Galiza", pero que "aínda así a Consellaría de Medio Rural ten elaborado un protocolo de actuación que inclúe a existencia de material necesario para utilizar en caso da aparición dun foco".

Compartir: