URBANISMO
O Concello aborda na Dirección Xeral de Urbanismo as modificacións puntuais do PXOM
Mércores 26 de outubro do 2005
A xuntanza serviu tamén para falar de aspectos relacionados coa revisión do PXOM, no tocante a forma de aborda-la mesma. Os problemas do litoral carballés e o proxecto de porto deportivo de Razo foron outros dos asuntos dos que se falaron na reunión, celebrada en Santiago. Manuel Andrade aludiu á "moi boa recepividade da xuntanza" e engadiu estar "moi esperanzado xa que se debateron asuntos difíciles que vemos que teñen solución".