Inicio Carballo ao día Hemeroteca O novo Regulamento de Participación...

COMISIÓN INFORMATIVA

O novo Regulamento de Participación cidadá, a debate en comisión informativa

Venres 15 de xullo do 2005

O borrador de Regulamento de Participación cidadá está concibido para facilitar a integración de todos os veciños de Carballo nas xestións do Concello. A intención do Goberno municipal é a de aproximarlle a administración aos cidadáns, mellorar a transparencia, fomentar o asociacionismo e favorecer a descentralización e a eficacia nas xestións.

Este novo texto introduce modificacións importantes posto que establece a creación dunha serie de órganos e de mecanismos para garantir a información dos carballeses: os Consellos Parroquiais, a Oficina de Atención cidadá, o Consello Económico e Social ou os Consellos sectoriais ou de área pretenden ser instrumentos de actuación directa dos veciños.

Compartir: