Inicio Carballo ao día Hemeroteca José Antonio Periscal despediuse da...

SESIÓN PLENARIA

José Antonio Periscal despediuse da Corporación Municipal

Mércores 26 de outubro do 2005

Ademáis da renuncia de José Antonio Persical, a sesión plenaria contemplou a aprobación do Plan de Investimentos Locais 2005 da Deputación de A Coruña, que inclúe actuacións íntegramente das redes de saneamento de diferentes parroquias do municipio. A inversión prevista para estas actuacións ascende a 790.019,02 euros e inclúe melloras na rede de saneamento das parroquias de Oza, Ardaña, Bértoa, Noicela, Sofán, Sísamo, Entrecruces, Goiáns e Cances. Aprobouse tamén a proposta de ampliación da Zona Azul na rúa Fomento, con 22 novas prazas no marxe dereito dirección Coristanco, ademáis do proxecto básico de instalacións portuarias en Razo. O alcalde aproveitou a sesión -última antes do 25 de novembro- para dar lectura a unha Declaración Institucional contra a violencia de xénero, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller na data anteriormente exposta. A Corporación Municipal deu o visto bo, ademáis, á modificación do proxecto da obra de Acondicionamento e Mellora da travesía Carballo-Fisterra, que contempla a dotación dunha rotonda na entrada a conservas Calvo, e a aprobación da tarifa media vixente e canon de Aquagest para o ano 2005.

Compartir: