SESIÓN PLENARIA
José Antonio Periscal fai efectiva a súa renuncia
Martes 25 de outubro do 2005
No tocante ó Plan de Investimentos Locais, éste inclúe actuacións íntegramente das redes de saneamento de diferentes parroquias do municipio. A inversión prevista para estas actuacións ascende a 790.019,02 euros e inclúe melloras na rede de saneamento das parroquias de Oza, Ardaña, Bértoa, Noicela, Sofán, Sísamo, Entrecruces, Goiáns e Cances. En relación á Zona Azul, a proposta recolle a dotación de 22 prazas de aparcamento limitado na marxe dereita da rúa Fomento, dirección Coristanco. Asemade, o grupo de goberno levará a aprobación do proxecto básico de instalacións portuarias en Razo, co obxectivo de dotar de servizos ó litoral do municipio e dar un paso máis no proxecto de porto deportivo.
Declaración Institucional
Por terceiro ano consecutivo, procederase á lectura dunha Declaración Institucional contra a violencia de xénero, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller o 25 do próximo mes de novembro. O Pleno recolle outros asuntos a debater, como a modificación do proxecto da obra de Acondicionamento e Mellora da travesía Carballo-Fisterra, que contempla a dotación dunha rotonda na entrada a conservas Calvo, ou a aprobación da tarifa media vixente e canon de Aquagest para o ano 2005.