Inicio Carballo ao día Hemeroteca Catro concellos da zona demandarán a...

REUNIÓN EN CARBALLO

Catro concellos da zona demandarán a mellora da estrada AC-400

Martes 25 de outubro do 2005

O deterioro da AC-400 faise notorio nos catro municipios relatados e en Carballo afecta especialmente ás parroquias de Berdillo, Sofán e Rus. Os catro rexedores municipais expuxeron as deficiencias que presenta a vía, como o trazado moi sinuoso e con moitos cambios de rasante, unha capa de rodadura moi irregular, numerosos baches e buracos, cunetas e tajeas sin manter -o que conleva unha reducida visibilidade nas curvas e cambios de rasante-, nula sinalización vertical e sinalización horizontal a tramos. A estrada AC-400 é unha das más antigas de Galicia, comunica Cerceda con Muros e afecta ós concellos de Carballo, Cerceda, Santa Comba e Tordoia na comunicación interior destes municipios.

Compartir: