SESIÓN PLENARIA
O grupo de goberno propón a ampliación da Zona Azul na rúa Fomento
Venres 21 de outubro do 2005
Asemade, o grupo de goberno levará a aprobación do proxecto básico de instalacións portuarias en Razo. O obxectivo do goberno local é o de dotar de servizos ó litoral do municipio e dar un paso máis no proxecto de porto deportivo. Con posterioridade faríanse as xestións con entidades e organismos que puideran contribuir á financiación do mesmo. Ademáis, e por terceiro ano consecutivo, se procederá á lectura dunha Declaración institucional contra a violencia de xénero, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller 25 do próximo mes de novembro.