Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello prevé melloras na rede de...

PLAN DE INVESTIMENTOS LOCAIS

O Concello prevé melloras na rede de saneamento no rural

Venres 21 de outubro do 2005

O Plan de Investimentos Locais da Deputación de a Coruña inclúe melloras na rede de saneamento das parroquias de Oza, Ardaña, Bértoa -no lugar de Queo, Noicela -en Rapadoiro-, Sofán -en Paradela-, Sísamo -en Espiño e Ramil, Entrecruces -en Taboada-, Goiáns -en Xoane- e Cances, no lugar de Cances da Vila. O Plan Complementario recolle melloras na rede de saneamento nos lugares de Añón -en Berdillo-, Zarrallo -en Sofán- e Sabadín e Vilela, na parroquia de Entrecruces. O orzamento deste Plan Complementario ascende ós 330.593,20 euros. O grupo de goberno ten intención de seguir completando a red de saneamento no rural, no que xa se está a executar o Plan operativo Local da Deputación, cunha inversión de 700.000 euros.

Compartir: