Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello participa nos IX Encontros para a...

SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Concello participa nos IX Encontros para a Normalización Lingüística

Xoves 20 de outubro do 2005

O SNL de Carballo dará a coñecer iniciativas como a campaña Incrementa o teu interese, de promoción lingüística no ámbito socioeconómico de Carballo e que se está a desenvolver na actualidade, o boletín Ponte coa Lingua, o Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo ou o Obradoiro de integración lingüística e cultural para inmigrantes e emigrantes retornados, entre outros.

Os Encontros para a Normalización Lingüística perseguen obxectivos tales como:

  • Crear un foro de análise sobre a política lingüística en Galicia e a súa implementación
  • Contribuír á formación de especialistas en sociolingüística galega.
  • Constituír o punto de encontro, reflexión, análise e debate das persoas que desenvolven o seu labor profesional nos diferentes servizos de normalización lingüística.

  • No evento participarán máis de 200 especialistas da lingua e entre algunhas das actividades destacadas está a presentación da nova política lingüística da Xunta de Galicia por parte da nova secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, e dos membros da Comisión de Seguimento do Plan Xeral de Normalización da Lingua. Ademáis, abordarse a presentación da candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués da Unesco ou a coordinación dos servizos de normalización lingüística.

    Os IX Encontros para a Normalización Lingüística celebraranse os días 20 e 21 de outubro e terán lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública de Santiago de Compostela.

    Pódese obter máis información sobre estes IX Encontros para a Normalización Lingüística en:
    Compartir: