Inicio Carballo ao día Hemeroteca José Antonio Periscal renuncia ao seu...

RENUNCIA

José Antonio Periscal renuncia ao seu cargo de concelleiro

Xoves 20 de outubro do 2005

O concelleiro de Deportes e Emigración tivo palabras de agradecemento aos seus compañeiros de partido e aos diferentes grupos que forman a Corporación Municipal. José Antonio Periscal calificou a experiencia de positiva e enriquecedora e fixo unha mención especial ao papel que xogaron na súa participación na vida política municipal Farruco Fraga e Lois Lamas. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, agradeceu a laboura desempeñada por José Antonio Periscal e lamentou as circunstancias que levaron ao concelleiro a tomar esa decisión, situacións persoais que lle fixeron ter que renunciar ao cargo. A persoa que ocupará o seu posto na Corporación Municipal será Dolores Silveira. O rexedor local anunciou posibles cambios no reparto de responsabilidades nas áreas de goberno do grupo municipal do BNG, unha situación que o propio grupo determinará nunha próxima xuntanza.

Compartir: