TELEASISTENCIA MÓBIL
O Concello e o CIM presentan un novo programa para as víctimas da violencia de xénero
Mércores 19 de outubro do 2005
O Servizo de teleasistencia móbil para as víctimas da violencia de xénero é unha modalidade de servizo que, coa tecnoloxía adecuada, ofrece ás víctimas que conten con orde de protección unha atención inmediata e a distancia. Así asegúrase unha resposta rápida ás eventualidades que lles podan sobrevir, as 24 horas do día, os 365 días do ano e sexa cal sexa o lugar onde se atopen. O servizo baséase na utilización de tecnoloxías de comunicación telefónica móbil e de telelocalización. Os obxectivos desta iniciativa resúmense en:
Poden ser usuarias do servivio as víctimas da violencia de xénero que non convivan coa persoa ou persoas que lles someteron a maltrato e as que conten con orde de protección, sempre e cando o xuíz que a emitiu non considere contraproducente este servicio para a seguridade da usuaria.
O servizo cesará cando deixe de cumplirse algún dos requisitos de acceso ou cando a usuaria o solicite.
As mulleres interesadas en saber máis deste servicio poden acudir ó Centro de Atención á Muller de Carballo, nº 7, sito na rúa Camiño Novo, entrechán (a carón da Recadación Municipal)
Horario de atención ao público:
Traballadora Social e Psicóloga: Luns a venres de 8.30 a 14.30.
Avogada: Martes e xoves de 16.00 a 18.00. Venres de 12.00 a 14.00.