Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello aproba cinco novas solicitudes de...

LICENZAS

O Concello aproba cinco novas solicitudes de vados permanentes

Martes 18 de outubro do 2005

As novas licenzas de vado permanente - autorizadas na Xunta de Goberno local do 17 de outubro - correspóndense coas rúas Andorra, Río Rosende, Ramón y Cajal, Doctor Fleming e Mahón.

Os servizos municipais de Inspección - a Policía local e Inspección tributaria - detectaron nos últimos meses a existencia no casco urbano de Carballo de numerosas placas de vado permanente que foron instaladas nos portais sen contar coa licenza correspondente. Dende estes servizos detectóuse tamén a existencia de rampas de acceso de vehículos a edificios colocadas na vía pública que tampouco contaban coa licenza.

O Concello vai continuar coa campaña de inspección do casco urbano ata que todos os vados estean regularizados. Ademais, tamén se comprobará a existencia, nos arcéns e nas beirarrúas, de rampas instaladas sen ter solicitado autorización municipal nin contar con vado permanente autorizado.

Compartir: