CONTENERIZACIÓN SOTERRADA
O Concello demanda a instalación de contenerización soterrada
Luns 17 de outubro do 2005
A Xunta de Goberno local ordou achegar á citada Consellería os seguintes compromisos:
Posta a disposición, libres de cargas e gravames, de tódolos terreos necesarios, cos usos urbanísticos para a normal execución das obras, así como os correspondentes permisos e autorizacións necesarias para levalas a cabo. Renuncia expresa a reter da aportación do Concello de calquera tipo de tributo con motivo das obras. A obriga de asumir, unha vez recepcionadas as obras e previa comunicación da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a súa explotación, mantemento e conservación, atendendo en todo caso, as especificacións recollidas no anexo deste convenio. Que as obras a executar, tendo en conta que o Concello de Carballo, nestes intres, non dispón dos medios suficientes para participar na execución de ditas obras, solicitar que as mesmas sexan sufragadas íntegramente por esa Consellería.