TRANSPORTE ADAPTADO
O Concello acóllese ó Programa de Apoio Normalizado de Transporte Adaptado
Luns 17 de outubro do 2005
O Programa de Apoio Normalizado de Transporte Adaptado pretende complementar ós servizos xa existentes no Concello para contribuir a mellora-la calidade de vida das persoas en situación de dependencia. O Programa posibilitará ós Concellos adscritos ó mesmo, a través de un convenio de colaboración, a disposición dun equipo consistente na disponibilidade dun transporte adaptado e monitores de acompañamento. Os Concellos encargaranse de recolle-las demandas e organiza-los servizos de traslado, cando estes procedan de entidades sociais e de atención a persoas maiores ou con discapacidade.
O Concello de Carballo procederá a sinatura dun convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Bienestar ate final de ano, con carçacter renovable por un exercicio máis. O Concello se beneficiará dun presuposto de 25.000,00 euros, ate final de ano, para levar adiante a iniciativa.