Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Consellaría de Obras públicas...

PAGAMENTO

A Consellaría de Obras públicas realiza o pagamento das expropiacións da estrada a Malpica

Xoves 13 de outubro do 2005

Dende o Servizo de Estradas da delegación provincial da Consellaría anunciouse que o pagamento se vai realizar o venres 28 de outubro na Sala de xuntas da Casa do Concello, en horario de 9.00 a 9.30 horas, aos titulares dos bens e dereitos expropiados que figuran na relación exposta no Taboleiro de editos do Concello de Carballo.

No aviso advírteselle tamén aos interesados que o pago se lle fará unicamente aos que figuran como donos dos bens e dereitos expropiados, polo que non se vai admitir representación, a non ser que se realice a través dun poder debidamente autorizado, ben sexa xeral, ou particular para este caso en concreto. Os interesados deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión, no caso de que figure a finca a nome de herdeiros, en todos os casos, deberanse identificar co documento nacional de identidade ou, no seu defecto, polo coñecemento directo que testifiquen o alcalde ou o secretario do Concello.

Compartir: