OBRAS
O Concello solicítalle á Deputación da Coruña a dotación de marquesiñas
Venres 7 de outubro do 2005
Estas marquesiñas completarán as nove que se solicitaron o ano pasado e que están practicamente instaladas, agás a de Barís, na parroquia de Rus, e a de Guilifonxe, en Bértoa.
No ámbito autonómico, na Xunta de Goberno local celebrada o 3 de outubro, acordouse asinar un convenio de colaboración entre a Consellaría de Política territorial, Obras públicas e Transportes da Xunta de Galicia e o Concello para a instalación de catro marquesiñas ou refuxios para viaxeiros, en puntos de parada de transporte colectivo. A achega económica que prevé realizar a Consellaría é de 10.000 euros.
Inicio de obras
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asistiu á traza das obras de asfaltado de varias vías do municipio, que financia a Consellaría de Medio rural, e que se inciarán a semana do 10 ao 16 de outubro. Ferrero estivo acompañado do concelleiro delegado de Servizos e Mantemento, Luis Lamas, do técnico da Consellaría e do responsable da empresa que realizará as obras.
As vías que están afectadas son a de Ferrol (Rus) ata Viladabade (Tordoia), a de Zarrallo (Sofán) ata Regueira (Berdillo) e mais a apertura dende Liñeiro (Cances) ata Cances da Vila. O importe destas obras é de arredor de 70.000 euros.