MEDIO AMBIENTE
Carballo limpo estrea páxina web
Venres 7 de outubro do 2005
"Queremos interactuar coa sociedade e tratar de mellorar o servizo municipal detectando e solucionando os problemas que haxa coa maior brevidade posible", sinalou o edil. A través de carballolimpo.com os cidadáns poderán descargar os folletos das campañas, os bandos, así como enviar mensaxes e avisos sobre calquera dos aspectos incluídos no programa: os vertedoiros incontrolados, o servizo de recollida de lixo, o punto limpo ou animais abandonados.
"Todos os días recibimos entre seis e 12 avisos sobre estes temas por canles moi diversas", explicou o concelleiro durante o acto de presentación da nova web. Este novo servizo ofrece a oportunidade de coordinar o traballo da Brigada de Medio ambiente e das empresas que realizan o servizo, así como as inquedanzas dos veciños afectados, a través deste espazo na internet.
Ao acto de presentación de carballolimpo.com asistiron tamén o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro delegado de Servizos e Mantemento, Luis Lamas, a Brigada de Medio ambiente, o sarxento da Policía local de Carballo e os representantes das empresas Rexer e Aspaber, que participan no programa.