Inicio Carballo ao día Hemeroteca O reloxo da Casa do Concello está xa en...

OBRAS

O reloxo da Casa do Concello está xa en funcionamento

Venres 7 de outubro do 2005

O Concello de Carballo comezou cos traballos de reparación do reloxo a mediados do mes de agosto. O amaño foille encargado á mesma empresa que xa instalara o mecanismo anterior hai 30 anos e contaba cun orzamento inicial de 4.064,64 euros.

O popular reloxo conta agora cun mecanismo dixital que actualiza a hora dun xeito automático, pódese programar cada ano, permite o cambio estacional do horario e conta cun calendario perpetuo.

Compartir: