Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Concellaría de Deportes organiza un...

LECER

A Concellaría de Deportes organiza un curso para os maiores

Mércores 5 de outubro do 2005

O programa de exercicio físico para adultos maiores consiste en tres sesións semanais de entre 30 e 45 minutos, a base de exercicio aeróbico, acondicionamento muscular e flexibilidade, de baixo impacto óseoarticular; cun aumento progresivo da intensidade de baixa ata moderada ou media intensidade.

Os obxectivos do curso son manter un nivel suficiente de capacidade funcional xeral, mellorar a saúde reducindo o risco de desenvolver ou de volver a padecer determinadas doenzas, así como mellorar a seguridade mentres se está a facer exercicio.

O curso impartirase no Pazo da Cultura e na residencia da terceira idade de Carballo. O horario das clases en principio é o mesmo que o sinalado para obter información: de 10.00 a 10.45 horas na residencia e de 11.00 a 11.45 horas no Pazo, todos os martes, mércores e venres.

Compartir: