Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello tomará medidas de...

SEGURIDADE

O Concello tomará medidas de prevención da delincuencia e a siniestralidade

Mércores 5 de outubro do 2005

O informe presentado pola Policía local - e que se pretende desenvolver en coordinación coa Garda civil - sinala os aspectos nos que se deberá incidir para evitar a siniestralidade e a delincuencia en Carballo, e que non afectarán á prestación dos servizos propios destes corpos de seguridade.

  • A prevención da delincuencia nas zonas de lecer onde se concentra grande cantidade de mocidade, especialmente nas fins de semana e nos festivos.
  • A vixilancia intensiva nas zonas industriais coma o polígono de Bértoa ou as estacións de servizo
  • Incrementar a presenza policial na zona urbana polas noites
  • A vixilancia nas zonas marxinais nas últimas horas da noite
  • A vixilancia preventiva nas inmediacións dos centros escolares (saídas, entradas e recreos) para evitar liortas e o consumo e tráfico de drogas
  • Incrementar a presenza policial en todas as zonas do pobo para previr a delincuencia.

  • Á sesión da Xunta de seguridade asistiron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a subdelegada do Goberno na Coruña, Obdulia Taboadela, a delegada da Consellaría de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza, Esther González Saavedra, o concelleiro delegado de Persoal, Réxime Interior, Policía, Tráfico, Seguridade e Protección Civil, Ramón Eirís Pérez, e o secretario xeral do Concello, José Villán.

    Na representación das forzas de seguridade, asitiron o sarxento xefe da Policía local, Constantino Vázquez Vilar, o coronel xefe da comandancia da Garda civil de Carballo, José Furelos Logo, o tenente da agrupación de tráfico da Garda civil da Coruña, Jesús del Río Caamaño, o tenente da Garda civil e xefe do posto principal, Jorge Bello García, e o subtenente da Garda civil de Carballo, Jorge Vidal Brau.

Compartir: