Inicio Carballo ao día Hemeroteca O alcalde solicita na Xunta un novo obradoiro de...

FORMACIÓN

O alcalde solicita na Xunta un novo obradoiro de emprego para Carballo

Mércores 5 de outubro do 2005

O proxecto de formación e traballo para maiores de 25 anos, que se lle presentou ao director xeral durante a reunión do 4 de outubro, prevé formar a 36 alumnos que se sumarán aos que xa participan nos obradoiros que se imparten, dos que lle corresponden 12 para cada un dos módulos que se solicitan, aínda que o proxecto non está pechado aínda.

Os representantes do Concello entregáronlle a Ansías Bacela un informe explicativo sobre as características laborais de Carballo e os requisitos cos que conta para acadar o investimento da Xunta de Galicia.

Durante o encontro - ao que asistiron tamén o concelleiro delegado de Facenda, Contratación e Patrimonio, José Antonio Viña, e o director do Centro municipal de formación, Juan Lorenzo - presentóuselle ao director xeral os proxectos que se están a desenvolver en Carballo no tocante á formación e ao emprego e, en especial, o da Casa dos Oficios. "Trátase dunha iniciativa ambiciosa e comprometida co emprego que indica a forte aposta que fai o Concello nesta materia", sinalou Evencio Ferrero.

Tras a reunión, o director xeral comprometeuse a realizar unha visita a Carballo para coñecer de primeira man a súa realidade e as súas necesidades, e na que estará acompañado tamén polo director xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca Díaz.

Compartir: