EMPREGO
O Centro de formación municipal preselecciona traballadores para o novo Mercadona
Martes 4 de outubro do 2005
Os postos que se precisan cubrir na nova superficie comercial de Carballo son de diversos tipos: caixeiras, persoal de limpeza, repoñedores, etc. A titulación requirida é o Graduado escolar, agás no caso do posto de Xefe de mantemento, que precisa coñecementos específicos de electricidade. Para o resto dos postos non é necesario ter experiencia.
O Centro municipal de formación tamén recolle as solicitudes para cubrir os 22 postos de repoñedores que precisa o Carrefour de Coristanco. As solicitudes xestiónanse a través dunha empresa de traballo temporal de Santiago de Compostela chamada Diana Promociones. Os futuros candidatos deberanse dirixir tamén ás oficinas do centro municipal, no horario sinalado, co seu Currículum vitae e unha fotografía.