Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello aproba dez solicitudes de vados...

LICENZAS

O Concello aproba dez solicitudes de vados permanentes

Xoves 6 de outubro do 2005

As novas licenzas de vado permanente - autorizadas na sesión da Xunta de Goberno local do 3 de outubro - correspóndense coas zonas de Arnados (Razo), as rúas Vázquez de Parga, Bosque, Alfredo Brañas, Vila de Laxe, Rosas e Baixa, na avenida das Flores e de Bergantiños.

Os servizos municipais de Inspección - a Policía local e Inspección tributaria - detectaron nos últimos meses a existencia no casco urbano de Carballo de numerosas placas de vado permanente que foron instaladas nos portais sen contar coa licenza correspondente. Dende estes servizos detectóuse tamén a existencia de rampas de acceso de vehículos a edificios colocadas na vía pública que tampouco contaban coa licenza.

O concelleiro delegado de Facenda, Contratación e Patrimonio, José Antonio Viña Patiño, xa anunciou ao comezo da campaña a intención do Concello de retirar os sinais de circulación que non contasen coa licenza correspondente; ao tempo que advertía os cidadáns de que eses sinais eran simples avisos que non implicaban prohibición ningunha.

O Concello vai continuar coa campaña de inspección do casco urbano ata que todos os vados estean regularizados. Ademais, tamén se comprobará a existencia, nos arcéns e nas beirarrúas, de rampas instaladas sen ter solicitado autorización municipal nin contar con vado permanente autorizado.

Compartir: