Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Centro de información á muller...

FORMACIÓN

O Centro de información á muller oferta un curso de informática

Xoves 6 de outubro do 2005

O curso de informática - que se inclúe no programa de actividades anuais do CIM - é totalmente gratuíto e terá unha duración total de 40 horas. As sesións celebraranse en horario de 10.00 a 12.00 horas pola mañá e de 20.00 a 22.00 horas pola tarde. Ao remate do curso as alumnas recibirán un diploma acreditativo expedido polo Ministerio de Traballo e Asuntos sociais, polo Instituto da muller e mais polo Fondo social europeo.

As mulleres estean interesadas en asistir teñen de prazo ata o 7 de outubro para se anotar nas oficinas do CIM, na rúa Camiño novo, nº 7, entreplanta (ao carón de Recadación municipal) - e o número máximo de prazas dispoñibles é de 15.

Compartir: