Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello recibe 20.000 euros para o...

ENSINO

O Concello recibe 20.000 euros para o Conservatorio Municipal

Martes 12 de xullo do 2005

O Conservatorio profesional de música de Carballo está situado no Pazo da Cultura e nel impártense as materias comúns para o grao elemental e medio das disciplinas de piano, guitarra, violín, viola, violoncello, contrabaixo, gaita galega, saxofón, clarinete, óboe, frauta traveseira, trombón, tuba, bombardino, trompeta, filiscorno, fagot, percusión e acordeón.

O Conservatorio organiza actividades, como o programa de actuacións de Xoves intérpretes e ofrece ademais a posibilidade de que o seu alumnado se incorpore á Banda de música municipal, á Big Band ou á Banda municipal de gaitas.

Compartir: