Inicio Carballo ao día Hemeroteca O alcalde solicita o apoio do delegado de...

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

O alcalde solicita o apoio do delegado de Industria para un plan de aforro enerxético en Carballo

Xoves 29 de setembro do 2005

Evencio Ferrero reiteroulle ao delegado provincial as demandas que xa lle expuxo a finais do mes de agosto ao conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco. Entre outras cuestións, o rexedor solicitoulle ao delegado provincial que se contemple a instalación dunha nova subestación eléctrica no polígono industrial de Bértoa. Relacionado tamén coa enerxía, o alcalde solicitou o apoio institucional para desenvolver un plan de aforro enerxético para todo o municipio de Carballo, a través da utilización de enerxías renovables. "Xa está solicitada a instalación de paneis de enerxía solar térmica nas piscinas municipais", sinalou o alcalde.

Tras obter no mes de agosto o compromiso do conselleiro no tocante aos centros comerciais abertos e ás melloras nas rúas do casco urbano, Evencio Ferrero acadou tamén o apoio do delegado provincial de seguir a colaborar co Concello para os proxectos de "humanización do centro urbano" de Carballo, entre os que se atopan medidas como a peonalización ou semipeonalización de rúas ou o novo aparcadoiro e o centro dotacional de uso comercial que se construirá na Praza do Concello.

"En Industria valórase a Carballo como un concello emerxente que está experimentando un crecemento moi importante, e que está chamado a artellar a industria na zona, polo que merece a atención da Consellaría", explicou Ferrero que anunciou tamén unha posible visita de Fernando Blanco no mes de outubro.

Novas relacionadas

Compartir: