Inicio Carballo ao día Hemeroteca O trío brasileiro Carrapa do Cavaquinho...

ESPECTÁCULOS

O trío brasileiro Carrapa do Cavaquinho actúa en Carballo

Xoves 29 de setembro do 2005

Carrapa é cantor, compositor e instrumentista autodidacta, e desenvolve o seu traballo arredor do cavaquinho e a viola caipira. Traballa con ritmos como a samba, o maracatú ou o frevo e conta xa con varios discos no mercado. A súa música está incluída por artistas tan variados como Jimmy Hendrix, Waldir Azevedo ou Hermeto Pascoal, ademais de polas violas brasileiras.

Como integrante do grupo "Liga Tripa" presentouse en várias cidades do Brasil e, no exterior, representou o seu país no VV Encuentro Iberoamericano de la Cultura (Nicaragua, 1995). O seu traballo Carrapa do Cavaquinho e Cia. de Música conta con máis de dez mil copias vendidas e foi seleccionado en diversos premios coma o Sharp de Música Brasileira. Ademais, Carrapa ten colaborado con artistas tan importantes como Paulino Pedro Azul, Renato Mattos ou o Clube do Choro de Brasilia.

Os interesados en asistir a este espectáculo, que organiza a Concellaría de Cultura, Ensino e Política lingüística de Carballo, teñen unha cita o venres 30 ás 21.00 horas no Pazo da Cultura. A entrada é de balde.

Compartir: