Inicio Carballo ao día Hemeroteca Juan Ramón García del Río...

PLENO MUNICIPAL

Juan Ramón García del Río toma posesión como concelleiro de Sanidade, Servizos sociais e Muller

Martes 27 de setembro do 2005

Juan Ramón García del Río conta cunha ampla experiencia na política municipal. Foi concelleiro na lexislatura do 1987 - 1991, período no que levou durante un tempo a responsabilidade de Xuventude e Deportes. Na lexislatura pasada, 1999 - 2003 volveu ser concelleiro en Carballo.

O novo edil asumirá as áreas de traballo das que era responsable Milagros Lantes Seara e das que presentou a súa demisión o 5 de setembro para poder participar no novo goberno galego como delegada na Coruña da Consellaría de Cultura e Deportes. Juan Ramón García del Río desenvolve a súa actividade profesional como mestre de educación física no CEIP Fogar de Carballo e na súa traxectoria política ten un papel fundamental o seu traballo dende o asociacionismo deportivo.

Compartir: