Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Centro de información á muller...

LECER

O Centro de información á muller organiza un curso de risoterapia

Luns 26 de setembro do 2005

O curso de risoterapia e relaxación está dirixido tanto a homes como mulleres, de todas as idades, e será impartido os mércores e os venres, en horario de 10.30 a 12.00 horas. "O máis importante é que os que asistan ao curso participen", explica Montse Pérez, a psicóloga dos Servizos sociais que será a encargada de impartir o curso.

Este obradoiro de risoterapia - que se enmarca dentro das actividades organizadas polo Centro de información á muller - divídese en oito sesións, nas que participarán arredor de 20 persoas. "O curso será moi práctico e dinámico. O obxectivo é empregar xogos o máis divertidos posibles para buscar o riso e facer que os asistentes perdan o sentido do ridículo", explica a psicóloga. As últimas dúas sesións estarán dedicadas á relaxación.

A risoterapia é un método para diminuír problemas como o estrés, a ansiedade, a depresión ou o insomnio, e para acadalo emprega técnicas que axudan a liberar as tensións do corpo como son a expresión corporal, os xogos, a danza, as masaxes ou exercicios de respiración.

Compartir: