VISITA INSTITUCIONAL
O delegado de Política territorial visita as obras da travesía de Carballo
Luns 26 de setembro do 2005
Durante a visita institucional, o alcalde faralle entrega ao delegado provincial de documentación relacionada cos convenios subscritos entre o Concello e a Consellaría para a realización das diferentes fases de acondicionamento da travesía principal do núcleo urbano.
"Como no convenio do 2003 se sinalaba que unha vez rematada a segunda fase das obras se había iniciar a tramitación dun novo convenio, trataremos tamén de definir este tema", explicou Evencio Ferrero. As obras que se incluirán nesa terceira fase supoñen continuar co acondicionamento dende o cruce da rúa Vázquez de Parga coa rúa Portugal ata o cruce coa Gran Vía.
O alcalde de Carballo tamén explicou a súa intención de tratar co delegado de Política territorial o proxecto de realización das travesías de Bértoa, de Coristanco e de Malpica.