Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo deseña a estratexia de...

OBSERVATORIO ECONÓMICO

Carballo deseña a estratexia de promoción da súa actividade emprendedora

Luns 11 de xullo do 2005

O luns día 11 celébrase a sesión correspondente á actividade emprendedora, na que vai intervir o concelleiro delegado de Facenda, Contratación e Patrimonio, José Viña Patiño. Coa intención de facilitar ferramentas para levar a cabo o debate, dende o Observatorio Económico Local elaboráronse dous documentos previos. O primeiro deles é un estudo xenérico de datos socioeconómicos sobre a zona, titulado Radiografía de Carballo e a súa área de influencia. O segundo deles é un documento creado especificamente para a reunión: Estudo previo das actividades emprendedoras da Costa da Morte. Unha vez analizada a documentación e debatidas as posturas, definiranse as liñas estratéxicas de promoción desta área para a comarca.

Ademais do concelleiro de Facenda, Contratación e Patrimonio, están convidados a participar nesta reunión - que comeza a partir das 18.30 horas - representantes do Concello, de Aspaber, do Centro de Información á Muller (CIM), do Centro Social San Xoán Bautista, da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober), do Centro Comercial Aberto de Carballo, do proxecto Singra da Cruz Vermella, do Centro de Formación de Carballo, do IES Alfredo Brañas, da Federación de Empresarios da Costa da Morte (Fecom), do proxecto Rurbanet da Unión Europea, da Cámara de Comercio, de CCCOO, da CIG e de UXT.

As reunións van continuar o martes 12 e o mércores 13 de xullo. O martes reunirase a mesa de traballo sobre o sector turístico. Ao comezo da reunión, intervirán o concelleiro delegado de Medio Ambiente, Turismo e Xuventude, Manuel Luis Pan, e o xerente do Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte, Ignacio Fernández Dosil. O mércores día 13, celebrarase a reunión da mesa de traballo sobre o solo industrial. Ao comezo da reunión, intervirá o concelleiro delegado de Urbanismo, Obras e Desenvolvemento rural, Manuel Andrade Cristóbal.

Compartir: