Inicio Carballo ao día Hemeroteca A web municipal incorpora o rueiro de Carballo

NOVIDADES

A web municipal incorpora o rueiro de Carballo

Venres 30 de setembro do 2005

Este novo servizo da web municipal cobrirá a demanda de diversas persoas e colectivos que foron amosando o seu interese dende a presentación da páxina a primeiros de xullo. O rueiro poderase descargar como calquera outro arquivo en formato pdf e permitirá localizar as principais rúas e os lugares de interese do casco urbano do municipio.

Para navegar polo rueiro, emprégase o rato para desprazarse polo mapa ata a zona desexada, unha vez aí pódese achegar a imaxe de dous xeitos: ben coa ferramenta de ampliar - sinalizada cun icono dunha lupa - clicando na ferramenta unha vez e despois sobre a zona do mapa escollida tantas veces como sexa preciso para aumentar a imaxe; ben modificando a cifra en porcentaxe que aparece na barra de ferramentas.

Para imprimir ou gardar o rueiro no propio ordenador o proceso é igual que en calquera outro documento de texto: no apartado chamado Arquivo, na barra de ferramentas superior, selecciónase a opción que se desexe (imprimir, pechar, gardar como, etc) ou ben premendo nos iconos da barra de ferramentas (o disquete para gardar como e a impresora para imprimir).

Compartir: