SERVIZOS
Continúan os traballos de acondicionamento no entorno da férveda de Rus
Xoves 12 de abril do 2007
A férveda de Rus caracterízase pola caída da auga sobre unha pendente larga e pouco pronunciada, duns trinta metros de lonxitude. Para chegar á mesma, é necesario coller a estrada de Santiago e torcer na estrada de Ramil. Unha vez chegado á Capela de Ramil, a férveda está situada a 400 metros de distancia. As labouras de mellora do acceso e de limpeza do entorno da férveda de Rus complementan ás xa realizadas na férveda de Entrecruces.
Vertedoiros
A Brigada de Medio Ambiente tamén procedeu estes días á localización e eliminación de tres vertedoiros incontrolados. Foron dous en Sísamo, na pista que une Arganosa e Portopaio, e outro na Ponte da Cepeira, tamén en Sísamo.