INDUSTRIA
Ábrese o período de exposición pública do plan de sectorización de dous sectores da 3ª fase do polígono industrial
Xoves 12 de abril do 2007
Durante o período de información pública, o Concello de Carballo solicitará os informes preceptivos a Augas de Galicia, Dirección Xeral de Estradas, Deputación da Coruña e Medio Ambiente.
Segunda fase
Mestres tanto, a segunda fase do polígono industrial está a piques de comezar, xa que antes do día 22 de abril está pensado colocar a primeira pedra. A data definitiva está pendente de confirmación, para poder contar coa presenza no acto da conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas. Ao acto asistirán tamén o presidente de Xestur e o escultor Manuel Facal, autor da escultura que se vai colocar na rotonda de entrada ao polígono industrial.