Inicio Carballo ao día Hemeroteca A compañía andaluza Atalaya...

TEATRO

A compañía andaluza Atalaya abrirá o Festival Outono de Carballo

Xoves 22 de setembro do 2005

A prestixiosa compañía andaluza engádelle ao título da obra clásica o calificativo de "estranxeira" para facer unha interpretación da traxedia grega máis próxima á sociedade moderna e, en especial, ao drama da emigración. Atalaya ofrece unha ollada crítica e reivindicativa ao tempo que establece un paralelismo entre o rexeitamento social que sofren os inmigrantes ao se estableceren nun novo país, e a discriminación racial que padece Medea ao chegar a Corinto na busca do seu amor Xasón.

Medea, a estranxeira conta cun bo número de galardóns, entre eles, o Premio do Público ao mellor espectáculo e Premio do xurado na Feira internacional de Aragón 2004; Premio ao mellor espectáculo, director, espazo sonoro e vestiario na Feira do Sur de Palma del Río 2005.

A obra de Atalaya está adaptada por Carlos Iniesta e dirixida por Ricardo Iniesta, a partir dos textos de Eurípides, Séneca, Heiner Müller e diversos autores contemporáneos. A XIV edición do Festival Internacional Outono de Teatro, que se abre con esta representación e que organiza a Concellaría de Cultura, vaise celebrar en Carballo entre o 14 de outubro e o 1 de novembro.

Compartir: