CULTURA
Máis de 5.000 persoas participaron de Panxea 2007 en Semana Santa
Martes 10 de abril do 2007
A feira celebrouse nunha carpa a carón do Pazo da Cultura durante o pasado venres e sábado. O venres, no que visitaron a carpa mási de 3.000 persoas, foi o turno de diferentes obradoiros, proxeccións, circo na rúa e unha chocolatada popular que deu paso ao Son solidario, que contou coas actuacións de Raigañas, Fol de Veneno e Batuko Tabanka. O fin de festa púxoo unha queimada á medianoite. O sábado celebrouse a Quercus Feira nunha xornada que contou tamén con obradoiros, proxeccións, circo e música na rúa. Pola noite, celebrouse unha Gala Solidaria co Pobo Saharaui, na que actuaron Malvela, Fía na Roca e Kepa Junquera.