SERVIZOS
O Concello aprobará a creación da primeira fase do carril bici a Razo
Luns 9 de abril do 2007
O proxecto desta primeira fase inclúe a dotación de beirarrúas en Oza para resolver o problema que supón que as existentes na actualidades só estén a un dos lados da estrada. Esta actuación completaría a urbanización deste núcleo.
Circunvalación
Representates do Concello achegaranse, durante o vindeiro mes, á Consellería de Política Territorial co obxectivo de falar da creación da circunvalación de Carballo. Os planos iniciais do proxecto amosan a creación de tres viais diferentes que terían a súa orixe no polígono industrial de Bértoa e que chegarían até a saída da auopista en Coristanco.