LECER
O festival ‘Panxea 2007’ achega a festa do pan a Carballo en Semana Santa
Mércores 4 de abril do 2007
A feira celebrarase nunha carpa a carón do Pazo da Cultura e abrirase ás 11,00 horas do día 6 de abril. Obradoiros, proxecciónscirco na rúa e unha chocolatada popular complementarán ao programa antes da celebración do Son solidario, as 21,00 horas. Raigañas, Fol de Veneno e Batuko Tabanka serán os encargados de levar a súa música ao Son solidario, que terá como fin de festa unha queimada á medianoite. O sábado 7 de abril abrirase a Quercus Feira ás 11,00 horas, nunha xornada que conta tamén con obradoiros, proxeccións, circo e música na rúa. Pola noite, celebrarase unha Gala Solidaria co Pobo Saharaui, na que actuarán Malvela, Fía na Roca e Kepa Junquera. Pan e chocolatee Pan e música son outros dos lemas que acompañarán á celebración desta especial festa do pan en Carballo.