Inicio Carballo ao día Hemeroteca Fin de semana cultural en Carballo

LECER

Fin de semana cultural en Carballo

Venres 23 de setembro do 2005

Lionel, o malestar do benestar está escrita e interpretada polo actor e dramaturgo Manuel Lourenzo - que ademais dirixe a compañía e obradoiro de teatro Casahamlet - e conta a historia dun profesor universitario que se obrigado a xubilarse e a reinventar coa súa parella o tempo que lle queda de vida. A obra é unha traxicomedia dirixida por Santiago Fernández e na que tamén participa a actriz Gloria Rico. As entradas custan 2 euros e poderanse reservar no teléfono 981 704 300.

A cita do sábado 24 comeza ás 12.00 horas coa conferencia que impartirá a historiadora Rosa María Franco Maside e que organiza a Concellaría de Turismo, en colaboración co colectivo Avante Costa da Morte. No acto explicarase a importancia de Carballo de Bergantiños durante a época romana e da vía chamada Per loca marítima que conectaba Galicia con Portugal. Dende esta vía, os romanos tenderon vías segundarias cara á costa ata os portos de Corcubión, Muxía, Camariñas, Laxe, Corme, Malpica e A Coruña. Ademais, grazas a esta vía, Carballo se converteu nunha poboación de descanso na longa viaxe que se densenvolvía dende Braga ata Astorga.

Durante o relatorio, explicaranse tamén as orixes do núcleo de Carballo na época moderna, a partir do descubrimento duns manantiais termais en 1716, o funcionamento desas termas e tamén a evolución dese núcleo ata chegar a se converter na vila que hoxe coñecemos. Despois do acto haberá un xantar no restaurante do Pazo da Cultura, para o que é preciso inscribirse no teléfono 669 506 304.

Compartir: