URBANISMO
O goberno valora na Dirección Xeral de Urbanismo a situación urbanística do Concello
Martes 3 de abril do 2007
A xuntanza prolongouse por hora e media e, en opinión dos asistentes, a percepcón foi "altamente positiva". Os servizos xurídicos da dirección xeral de Urbanismo valoraron xurídicamente o recurso e agora debatirán se procede ou non que a Xunta presente recurso diante do Supremo. A xuntanza tamén serviu para valorar e informar da situación actual do planemento urbanístico, ademáis da posta en común dos obxectivos a marcar á hora da revisión. A Dirección Xeral de Urbanismo, ademáis, comprometeuse a colaborar na financiación dos traballos de revisión do documento. Na xuntanza tamén participaron o asesor urbanístico e o secretario do Concello.