XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Aprobado o convenio para a dotación dunha área recreativa infantil en Arnados
Luns 2 de abril do 2007
A Xunta de Goberno Local tamén deu o visto bo á autorización de tres licenzas de obra para vivendas unifamiliares nos lugares de Ermida (Sofán), Vilar de Peres (Rebordelos) e Castelo (Vilela), ademáis doutra para a construcción dun edificio de 20 vivendas nas rúas Costa Rica, Brasil e Nicaragua. A sesión completouse coas certificacións primeira das obras Ordenación e urbanización da praza municipal en Bértoa[/i, por un importe de 40.479,80 euros, e segundas das obras Rede de saneamento en Cances da Vila 1ª Fase, por importe de 25.432,12 euros, Construcción dunha rotonda entre as rúas Sol, Santa Ana, Oriente, Vila de Negreira e Milagrosa, por importe de 14.573,72 euros, Completar e reparar beirarrúas na Avda. Bergantiños, Vila de Corcubión e Vila de Ordes, por importe de 11.577,83 euros e Cerramento de pavillón da escola de Gándara, por importe de 11.238,77 euros. Autorizáronse tamén vaos permanentes nas rúas Álvarez de Sotomaior, Río Miño, Avda. das Flores, Mahón, Río Mandeo, Muíño, Cemiterio Vello e Salgueiro.