Inicio Carballo ao día Hemeroteca Fernando Blanco inaugurou as III Xornadas de...

INDUSTRIA

Fernando Blanco inaugurou as III Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético

Venres 30 de marzo do 2007

Durante a xornada de hoxe venres, o programa xira en torno ás principais liñas contempladas no Código Técnico de Edificación. Na xornada do sábado o ciclo centrará a súa mirada nas últimas tecnoloxías e aplicacións da enerxía solar térmica e fotovoltaica e a combinación destas con outras fontes para acadar a eficiencia enerxética. Por último, na xornada do domingo será o tempo de falar doutras fontes de enerxías que están a espertar un grande interese en Galicia, como o aproveitamento da biomasa forestal, o biogás ou o bioetanol. O presidente de Axober, Ramón Antelo, manifestou no acto inaugural das xornadas que "contamos cos expertos máis importantes e relevantes do estado sobre as enerxías renovables, nunhas xornadas nas que queda patente a nosa aposta decidida polo medio ambiente e o desenvolvemento sostible". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, suliñou que "non nos podemos conformar co marco teórico, senón que debemos dar pasos de cara ao desenvolvemento sostible. O proxecto Bergantiños 2015 está nese horizonte da sustentabilidade e onte mesmo presentamos en Carballo o proxecto TEMUNDE". O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Banco, calificou ás xornadas como "un referente galego no eido das enerxías renovables" e manifestou que a Xunta "está a por as bases das políticas de aforro e impulsando ás enerxías renovables".

Compartir: